O BNG de Baixa Limia e Celanova urxe un pediatra para Bande

Algunhas familias teñen que desprazarse ata 50 quilómetros para levar aos cativos ao centro de saúde de Celanova

Centro de saúde de Bande.
Centro de saúde de Bande.

A creación dunha praza de pediatría fixa en Bande, que dea cobertura aos 450 cativos que calculan que dependen do Centro de Saúde de Bande, é unha das propostas da asemblea comarcal de Celanova e Baixa Limia do BNG e que, a través dunha proposición non de lei, o grupo parlamentario do BNG defenderá na comisión 5ª do Parlamento.

Os nacionalistas instarán a Xunta a garantir a asistencia, que redúcese a un día de atención a semana (os mércores) e coa obriga de ter que desprazarse ao centro de saúde de Celanova no caso das vacacións, baixas ou permisos. Este feito supón desprazamentos de ata 50 quilómetros para algunhas familias. “A ausencia dun pediatra fixo e dun servizo de urxencias pediátricas nas comarcas supón un evidente desprezo aos principios de promoción da equidade e da procura do equilibro territorial no acceso e prestación dos servicios sanitarios”, di o BNG.

Contenido patrocinado

stats